PROGRAMAS DE LECER E TEMPO LIBRE PARA A XUVENTUDE

Detalles:

ACTIVIDADES DE OCIO E TEMPO LIBRE.
  • Promovemos o acceso universal á aprendizaxe social, á innovación e á calidade da información e do ensino non formal.
  • Facilitamos espazos de encontro e interacción entre a mocidade, en contextos informais e naturais.
  • Deseñamos programas de ocio e tempo libre baseados no desenvolvemento de actividades inmersivas e participativas; así como no emprego de metodoloxías lúdicas e creativas: iniciativas de animación, deportes, actividades recreativas, saídas culturais, obradoiros…
  • Ocupámonos de toda a organización e loxística necesarias: coordinación dos medios humanos e materiais, deseño de plans de continxencia e xestión dos servizos de transporte, limpeza e manutención.

Encontro da Mocidade San Simón 2023 (Concello de Soutomaior).