Difusión e xestión do patrimonio

COÑECE OS NOSOS SERVIZOS

Xestión eficiente, sustentabilidade, innovación e potenciación de recursos, son as claves que nos permiten preservar, manter e mellorar a calidade dos diversos servicios que ofrecemos.

Xestión técnica, económica, social e turística.

Prestamos un servizo óptimo ao público usuario, aplicando o noso coñecemento experto.

Xeramos programas de actividades dinámicas e atractivas que evitan estancar a oferta cultural e serven como medio de promoción.

Proporcionamos maior visibilidade aos centros que xestionamos e contribuímos á súa consolidación como espazos culturais de primeira liña.

Acometemos os traballos de mantemento necesarios para a adecuada conservación das diferentes instalacións e os seus elementos, co fin de acadar os máximos niveis de satisfacción entre o público.

Favorecemos o desenvolvemento sustentable da contorna, achegando o patrimonio á sociedade e facéndoa partícipe do proceso.

INTERPRETACIÓN PATRIMONIAL

Proxectos de comunicación patrimonial integral.

Somos expertos en difusión e posta en valor do patrimonio cultural.

Ofrecemos unha “lectura interpretativa” e comprensible do ben patrimonial, aspecto básico na creación de calquera programación cultural, educativa e lúdica de calidade.

Deseñamos estratexias que nos permiten conectar de maneira diferenciada con distintos públicos e sensibilidades.

Contamos cunha ampla experiencia en centros educativos, espazos culturais e turísticos.

Mediación Cultural

Elaboración e edición de contidos informativos, culturais e educativos.

Servizo de documentación e deseño de percorridos expositivos.

Entendemos a mediación cultural como un servizo integral no que a iniciativa e interpretación autónoma por parte do público cobran peso, sen descoidar a atención e o asesoramento directos.

Elaboramos recursos en diferentes formatos, orixinais e creativos, cun marcado carácter lúdico e educativo, orientados a facilitar a difusión de contidos e a súa comprensión polo público.

Turismo cultural

Accións de comunicación, difusión e promoción en puntos de información turística.

Desenvolvemento de produtos e servizos turísticos.

Ofrecemos un servizo integral de xestión dos puntos de atención e información turística.

Ocupámonos do deseño de produtos turísticos, convertendo recursos potenciais en espazos de obrigada visita.

Centrámonos en xerar valor social e un impacto positivo: experiencias culturais, gastronómicas e de entretemento; así como actividades relacionadas co deporte, a cultura e o patrimonio, o ecoturismo e a natureza.

PROGRAMAS DE LECER

Actividades de ocio e tempo libre.

A nosa metodoloxía fundaméntase na gamificación como compoñente creativo e motivador: a través do xogo pretendemos proporcionar unha aprendizaxe significativa.

Deseñamos actividades que se caracterizan polo dinamismo, a participación e a interactividade da xuventude.

Eventos

Coordinación e dinamización de programas culturais e turísticos.

Facilitamos orientación, asistencia e información especializada.

Ocupámonos da xestión de espazos, instalacións e medios.

Traballamos para dar cobertura a tódolos tipos de público, especializado e non especializado.

Desenvolvemos actividades orientadas a proporcionar espazos de encontro e socialización, experiencias xenuínas e interactivas, xeradoras de sensacións e emocións.