OS NOSOS TRABALLOS

Proxectos de xestión cultural

Sabemos que medramos con cada novo proxecto que realizamos, produto que xeramos ou servizo que ofrecemos. Esta é a razón pola que sempre facemos o noso mellor traballo e nos implicamos ao 100% en tódalas propostas que desenvolvemos. 

Calidade, proximidade, compromiso, eficiencia e capacidade de asumir novos retos son as nosas premisas.

Somos conscientes de que tódolos proxectos teñen unha data de inicio e outra de fin; non obstante, traballamos pola rendibilidade e a sustentabilidade, para que os produtos e servizos que ideamos poidan ser aproveitados moito máis alá do propósito para o que foron creados.

PRODUCIÓN, ELABORACION E EDICIÓN DE CONTIDOS

Encargámonos de producir, elaborar e editar todo o material informativo, promocional, cultural e educativo que empregamos na prestación dos nosos servizos.

Ocupámonos do deseño e edición de contidos para sitios web, publicacións, audiovisuais, exposicións… prestando servizo de asesoramento experto.

Elaboramos recursos en diferentes formatos, orixinais e creativos, cun marcado carácter lúdico e educativo, orientados a facilitar a difusión de contidos e a súa comprensión polo público.

O noso traballo recolle a pluralidade e diversidade do público potencial, ofrecendo tamén alternativas en prol da accesibilidade e a inclusión de tódolos colectivos.

ACCESIBILIDADE: SERVIZOS E PRODUTOS INTEGRADORES

Espiral XC ten experiencia na elaboración de visitas e recursos adaptables e accesibles; deste xeito, á hora de deseñar calquera servizo ou proposta de actividades, temos en conta a súa capacidade integradora e o fomento do potencial creativo das persoas participantes.

Así, a atención á diversidade aparece de forma específica en tódolos nosos proxectos; posto que asumimos a obriga de ofrecer a tódalas persoas (con independencia das súas capacidades) unhas óptimas condicións de accesibilidade -tanto física como cognitiva- ás instalacións, contidos e actividades, ofrecendo sempre servizos e produtos integradores.